viernes, 27 de noviembre de 2015

Actividade Nº27

 Natureza do documento: Natureza política, xa que recolle unha serie de leis que se deben cumprir.

Tipo de fonte: Primaria, posto que a redactaron persoas que viviron durante ese espazo temporal.

Circunstancias espazo - temporais: A constitución foi aprobada en Cádiz o 19 de marzo de 1812 e popularmente coñecida como “La Pepa”, este texto legal foi a primeira constitución liberal de España.

Autoría:  Os deputados liberal Agustín Argüelles, Diego Muñoz Torrero e Pérez de Castro son as figuras máis destacadas na súa elaboración.

Destino:  o destino do texto é o conxunto de españois, xa que ésta lei é de obrigado cumprimento tanto en España coma en América.

Fontes:


sábado, 3 de octubre de 2015

O Absolutismo e O Parlamentarismo

O absolutismo e o parlamentarismo foron os dous principais sistemas políticos dos séculos XVII e XVIII. No absolutismo o exemplo máis representativo foi Francia mentres que en Inglaterra e nas Provincias Unidas asentouse o parlamentarismo.

  • O absolutismo foi un sistema político dos séculos XVII e XVIII onde os monarcas eran considerados representantes de Deus na Terra, a toma de decisións se centraba na figura do rei.

  • O parlamentarismo foi un sistema polítitico do século XVII no que o poder do rei está limitado polo Parlamento; créase a separación de poderes e os dereitos individuais; e o rei ten que respectar a Declaración de Dereitos.